Amiga Ciudadana: ...

Amiga Ciudadana:
Dá a casualidade que Galiza -ao igual que Euskadi e Cataluña- foi conquistada polas armas cando a "Doma e castración de Galicia" por parte dos reises chamados Católicos e, desde aquela ate hoxe, a forza das armas é a única razón de peso que tedes para que sigamos sendo españois por imperativo militar. Agora aínda tedes na vosa chamada Constitución -ou, mellor dito, Imposición- un artigo polo que o exercito herdado do fascismo é o garante da indisolubilidade da "Patria".
Por outra banda: ¿A tí paréceche ben que eu teña que emigrar da miña patria por que non quero ser o que me obrigades polas armas antidemocraticamente? ¿Non se cansan de repetir polo televexo que polas armas non se conseguen obxectivos políticos? ¿Paréceme a min que o matrimonio debe ser por mutuo acordo das dúas partes pero non imposto por unha encontra da vontade da outra. A verdade é que eu son separatista porque quero apartarme desas formas anquilosadas nun pasado monstruoso e bárbaro que queren seguir mantendo: Son separatista porque eles son os separadores que fan que me arrede deles e das súas prácticas.
Para rematar direiche que seguramente son mais novo que ti, xa que só vou cumprir sesenta e un anos. A xuventude vai no pensamento e non defendendo imposicións ditatoriais. Eu non vos impoño a vos o que tedes ser. Cando un matrimonio fracasa, como é este caso entre as nación periféricas e España, deixade que cada unha escolla o seu camiño e dirá moito ao voso favor. É mais democrático.
Saudos democráticos.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
-Eres un bobo compulsivo e ignorante de la Historia de España.
-Lo que escribes no tiene ni pie ni cabeza. solo historietas ordinarias.